Fantasy Island, reality show

0
288

Fantasy IslandO gurú dos reality shows da televisión americana Mark Burnett e mais a Sony Pictures TV van unir as súas forzas para converter a série icona dos anos 70 Fantasy Island nun concurso de televisión.

Ricardo Montalbán foi o protagonista da série orixinal, emitida nos Estados Unidos entre finais dos anos 70 e comezos dos anos 80, no papel do místico Sr. Roarke, un home que podía conseguir que os soños dos visitantes da illa se convertesen en realidade.

E no concurso, un reality show no que participarán doce persoas, a competición consistirá en ver cal deles se converte no novo señor ou señora Roarke. Ainda non se sabe que canle emitiría este reality, que xa está á venda para os interesados.