Morissette úne-se á ciéncia-ficción

0
206

Alanis MorrissetteA cantante canadiana de rock Alanis Morissette ven de se unir ao reparto do filme semi-autobiográfico que sobre a vida do escritor de ciéncia-ficción Philip K. Dick pretende facer-se baixo o título de Radio Free Albemuth.

Neste filme do director e guionista John Alan Simon, Morissette interpretará a Sylvia, unha muller qu aparece na visión dun executivo dunha casa de discos chamado Nick (Jonathan Scarfe) coma unha glamurosa cantante.

En realidade, ela é unha muller normal cun linfoma que está a lle remitir inesperadamente e que, após de aparecer nas visións de Nick, acada un traballo coma a súa secretária. Ela converterá-se na súa alma xemelga grazas ás súas visións compartidas e á súa espiritualidade.

Shea Whigham, Katheryn Winnick e Hanna Hall tamén participarán neste filme.

A novela de Dick Radio Free Albemuth, de 1976, foi publicada póstumamente en 1985, e está baseada máis ou menos na súa experiéncia coas súas visións a mediados dos anos 70. O filme comezará a se rodar a meiados do mes de novembro en Los Angeles.