O Venom de Gary Ross

0
237

VenomGary Ross (Pleasantville) escribirá para a Sony Pictures o seguinte boceto para o guión e pode mesmo que sexa o director de Venom, unha secuela dos filmes de Spiderman baseada nun dos seus persoaxes secundários.

Venom é un malvado parásito alieníxena multiforme que chegou á Terra e atopou a Spiderman, utilizando ao superheroe para gañar forzas e obter poder. Nas anteriores entregas do trepamuros era derrotado, pero non morría, o que lle dá a oportunidade de protagonizar agora un filme de seu.

Topher Grace interpretou ao persoaxe no filme de 2007 Spiderman 3, pero ainda non se sabe se será este mesmo actor o que lle dea vida novamente. Por non saber, non sabemos se a história será unha continuación ou un relanzamento sen vencello algún co universo de Spiderman.

Ross, que tamén está a traballar no guión de Spiderman 4, retoma os esbozos que xa tiñan escomezado os anteriores guionistas: Jacob Estes (Mean Creek), Rhett Reese e Paul Wernick (Zombieland).