Moon gaña en Sitges

0
307

MoonO filme Moon, ópera prima de Duncan Jones, o fillo do cantante David Bowie, foi a grande trunfadora do 42º Festival Internacional de Cinema Fantástico de Sitges, acadando os galardóns ao millor filme, millor guión, millor actor (Sam Rockwell) e ao deseño de produción.

Moon, que causou moi boas impresións no seu pase no festival barcelonés, conta a história de Sam Bell (interpretado por Sam Rockwell), que traballa na Lúa extraendo un material (o hélio 3) que mudou o destino da Terra ao se descobrir o seu potencial a nível enerxético.

A española Helena Anaya, co seu papel en Hierro, levou o prémio á millor actriz, mentres que outros dos filmes trunfadoros foron Kinatay, de Brillante Mendoza, e Enter the void, de Gaspar Noé. O prémio do público recaiu en Zombieland, a película que está a trunfar arestora nas salas de cinema nos Estados Unidos e que dirixiu Ruben Fleischer.

O director do festival, Ángel Sala, asegurou que o certame bateu o seu récord de asisténcia, con 60.000 entradas vendidas, o que subpón un 20% máis có ano pasado.