Dylan Dog ao cinema

1077

Dylan DogO protagonista de Superman Returns, Brandon Routh, protagonizará Dead of Night, un filme baseado no cómic de terror italiano Dylan Dog, para a Hyde Park e a Platinum Studios.

Kevin Munroe dirixirá a partir dun libreto dos guionistas de Sahara, Joshua Oppenheimer e Thomas Dean Donnelly.

Dylan Dog é un cómic italiano de culto creado por Tiziano Sclavi para a casa Sergio Bonelli Editorial. Aparecido por primera vez en Itália en 1986, xa foi traducido a 17 línguas.

Routh interpretará a un detective privado que é arrastrado ao mundo dos non-mortos. O nome do seu persoaxe foi tomado do poeta Dylan Thomas. A caracterización gráfica (realizada por Claudio Villa) está inspirada no actor Rupert Everett. Ademáis de abstémio, o persoaxe de Dylan é tamén vexetariano, costume probábelmente debida ao seu grande amor polos animais. Tamén por isto, a sua imaxe foi utilizada en várias ocasións para campañas contra o abandono dos animais.