O orfanato, entre o máis visto en Europa

826

O OrfanatoO orfanato, de Juan Antonio Bayona, foi o quinto filme europeo mais visto na Unión Europea (UE) en 2007 con mais 4,27 millóns de entradas, nunha lista que encabezou a coproducción As férias de Mr. Bean con mais de 15,25 millóns de entradas, segundo o Observatório Audiovisual Europeo.

A obra de Bayona é a única obra española que figura na clasificación dos vinte filmes europeos mais vistas o ano pasado na UE, segundo a lista desta institución dependente do Consello de Europa e con sede en Estrasburgo.

A produción de filmes europeos rexistou un lixeiro incremento até as 921 longametrajes, impulsada sobre todo polo aumento da actividade en Franza e España, sinalou. No caso español, 2007 subpuxo un “ano sen precedentes” para a produción cinematográfica, segundo o Observatório, xa que se rexistaron 115 filmes totalmente españolas, un 9% mais que en 2006, e 30 coproducións con capital maioritário de España, un 6% mais.

Sen embargo, a asistencia ao cinema por parte dos españois baixou un 3,9% até os 116,93 millóns de entradas. O Observatório salientou que durante o ano pasado a asisténcia ao cinema na UE reduciu-se un 1,3% con 919 millóns de entradas vendidas, ainda que o cinema europeo recuperou parte da cuota de mercado, que se situou no 28,8%.

O cinema americano copou dezaoito dos vinte filmes mais vistos o ano pasado en Europa, unha lista que encabezou Harry Potter e a Orde do Fénix, que atraiu a case 38,40 millóns de europeos.