As mareas de Powers

0
263

Capa do libro de PowersO escritor Tim Powers ven de revelar nunha recente entrevista que está ben seguro de que a súa novela de 1987 On Stranger Tides será utilizada como base para a vindeira entrega da saga da Disney Piratas do Caribe 4, que levará o mesmo subtítulo.

Powers confirmou que a Disney mercara os dereitos do seu libro para o cinema hai xa tres anos. Na novela fála-se dunha carreira contra o pirata Barba Negra para chegar o primeiro á mítica Fonte da Xoventude, pero segundo o mesmo autor, “o meu persoaxe principal non ten ren que ver con Jack Sparrow en persoalide ou circunstáncias; son persoaxes totalmente distintos. Supoño que poderían achegar-se mais a outros persoaxes sa saga coma Barbossa. O único que sei de seguro é que a película falará da Fonte da Xoventude, coma se deixou entrever no remate da terceira entrega“.

Terry Rossio, ún dos habituais guionistas da saga dos Piratas do Caribe, admitiu pola súa banda que van utilizar o libro ou alomenos grandes partes do mesmo: “Tim Powers é un escritor abraiante, e este é un grande título. Permíte-nos tomar material de ese universo e dos seus coñecementos“, dixo.

Piratas do Caribe 4, que levará por subtítulo On Stranger Tides [a tradución é “En mareas estrañas”, se ben en España a prensa xa o titulou apresuradamente coma “en extrañas costas”] aparecerá nas salas de cinema no verán de 2011.