Longa vida a Spock Prime

0
224

Spock PrimeCoa súa aparición na última entrega de Star Trek, Leonard Nimoy puido dicir adéus definitivamente ao seu persoaxe de Spock. Nunha entrevista concedida hai uns días, dixo á prensa que coida que a série xa non-o necesita mais. E con respecto aos plans para continuar con mais filmes, Nimoy non espera que o chamen.

Francamente, francamente dubido que me chamen outra vez“, dixo nunha rolda de prensa o pasado día 7 mentres promocionaba a súa aparición estelar na série de televisión Fringe. “Coido que fun útil neste último filme para axudar a crear unha ponte entre os persoaxes orixinais, os actores orixinais, e o novo reparto. Teñen un marabilloso novo reparto no seu sítio, e estou seguro de que continuarán con el“.

Nimoy tamén bromeou sobre o novo alcume que lle deron: “Spock Prime”, o que quere dicir que el é o Spock da liña temporal orixinal, pero claramente distinto do Spock que interpreta agora o actor Zachary Quinto. “É correcto, estou na flor da vida, si“, riu Nimoy facendo un xogo de palabras en inglés [“I am in the prime of my life“].

Ainda así, a aparición do Spock orixinal en Star Trek sinificou algo mais que simplemente pasar o relevo. Os trekies mais veteráns emocionáron-se cando Spock confesou a súa amizade co xove Kirk. E mesmo ainda que os novos actores Quinto, Chris Pine, Zoe Saldana, etc. xa están establecidos nos seus papéis, ninguén podería obxectar ren a outra aparición de Spock Prime.

Non vexo, polo de agora, por que deberían precisar de min para o seguinte fil,e, ainda que se me chamasen estaría moi contento de ter unha conversa ao respecto“, dixo Nimoy. “Polo que sei, están a traballar nun guión novo. Coido que vai pasar algún tempo antes de que saiban realmente a quen van precisar e que van precisar“.