Outro filme de Moisés

0
241

Moisés, por MichelangeloO clásico do cinema de aventuras Os Dez Mandamentos, que tantas bágoas de mística emoción fixo verter aos españois dos anos 50, terá un posíbel relanzamento grazas á 20th Century Fox, que está a pensar nun filme que narre a vida de Moisés, o persoaxe cuxa mítica vida e variados miragres son narrados na Bíblia.

A história contará a vida de Moisés dende que case é vítima dun infanticídio até que é adoptado pola família real exípcia, e como desafía ao Faraón e ceiba aos escravos xudeus do seu cativério, feitos todos que mália seren totalmente falsos, aparecen no libro sagrado de non poucas seitas relixiosas que os consideran pouco menos ca históricos.

Adam Cooper e Bill Collage, quen recentemente adaptaron o clásico de Herman Melville Moby Dick á pantalla grande nun filme coa mesma fasquía de 300 dirixido por Timur Bekmambetov (Wanted) na Universal, escribirán o guión para o relanzamento do persoaxe, ao que lle queren dar un tratamento épico semellante ao de William Wallace no filme Braveheart.

Peter Chernin e Dylan Clark serán os produtores.

O persoaxe mitolóxico xa foi levado á pantalla grande en dúcias de ocasións, con xa un século enteiro de adaptacións (en 1909 rodou-se a primeira). The Ten Commandments (2007) con Christian Slater, Exodus (2007) con Daniel Percival e The Ten Commandments: The Musical (2006) con Val Kilmer foron as últimas polo momento, pero a máis famosa foi Os Dez Mandamentos (1956) con Charlton Heston.