O príncipe persa será un debuxo animado

1508

O príncipe de PérsiaO novo videoxogo da saga Prince of Persia, que xa está a ser desenvolvido pola Ubisoft, contará con gráficos realizados mediante a técnica do cel shading, que outorga aos escenários e personaxes unha fasquía de debuxo animado.

Deste modo o xogo, titulado provisionalmente Prince of Persia Prodigy, afastará-se da estética realista para amosar un xeito mais fantástico có da triloxia das areas do tempo. Ese estilo funcionou ben en xogos coma Zelda: The Wind Waker, Okami ou Dragon Quest: O periplo do rei maldito.

Ademais do cel shading, o videoxogo utilizará a poténcia de Anvil, o mesmo motor gráfico empregado en Assassin’s Creede. Grazas ás capacidades desta ferramenta, a acción non se limitará a palácios e cidades senón que amosará amplísimos escenários exteriores.

Outro grande troco, mais ben un retorno ás orixes da franquía, afectará aos combates, que xa non serán contra vários inimigos á vez se non tipo do ún contra ún.

Todo aponta a que o lanzamento do xogo, que terá versións para consolas de sobremesa, portátiles e PC, será preto da estrea do filme Prince of Persia: As Areas do Tempo (en verán de 2009) para aproveitar o tirón mediático.

O filme, producido pola Disney e máis Jerry Bruckheimer (Transformers, Piratas do Caribe, A Rocha…), estará dirixido por Mike Newell (Harry Potter e O Cáliz de Fogo) e contará coa presenza da actriz americana Jessica Alba.