Robert Rodat (Salvar ao soldado Ryan) será o encargado de escribir o guión do filme que adaptará á pantalla grande o universo do videoxogo World of Warcraft que vai dirixir o realizador da saga de Spiderman, Sam Raimi.
Raimi revelou nunha entrevista á MTV que o plan é facer unha história orixinal dentro dese mundo que se poida sentir coma unha auténtica recreación do videoxogo, unha aventura auténtica de World of Warcraft. Só que “obviamente é moi diferente porque estará estendida e trasladada ao mundo dunha película de cinema“, dixo.
Ainda que non se utilizará ningunha história que xa coñezan os xogadores habituais deste xogo de rol online, Raimi quere que este filme sexa “realmente fiel ao videoxogo“.
Por outra banda, Raimi confirmou asemade que está ainda a traballar no argumento de Spiderman 4 para que Peter Parker (Tobey Maguire) poida ter un rival á súa altura nesta ocasión.