Psicólogos de guerra

0
177

Psy-OpsA produtora Bold Films ven de se facer cos dereitos sobre un esbozo de guión de Scott Stewart e Gus Krieger, un thriller de acción ao estilo de Depredador titulado Psy-Ops. A história vai sobre unha unidade especial do exército americano formada por psicólogos especializados en explotar os máis profundos medos e temores dos seus inimigos. Mentres se atopan nunha misión de rutina na conca do Amazonas, descubrirán algo moito mais terrorífico do que eles mesmos podían agardar.

Krieger (The Killing Room) e Stewart (Priest) escribirán agora o guión definitivo para este filme, que servirá como debut para o director Stuart Maschwitz.

Stewart, David Lancaster e Michel Litvak serán os produtores.