Favreau fóra dos Vingadores

0
196

Jon FavreauO realizador de Iron Man, Jon Favreau, quen durante moito tempo se mantivo aberto á posibilidade, pero non moi amigábel coa idea, de se encargar da nova película sobre Os Vingadores (o grupo de superheroes da Marvel), ven de revelar que definitivamente non será quen se sente na cadeira de director nesta nova adaptación dun cómic ao mundo do cinema.

Van ter que atopar outro director, porque eu non vou estar dispoñíbel. Eu vou ser o produtor executivo, así que definitivamente terei outra cousa que facer e dicir“, dixo Favreau, quen de todos os xeitos admitiu que a participación de certos persoaxes, coma específicamente Thor, semellan ser o grande obstáculo deste filme.

Vai ser difícil, porque eu estiven moi vencellado á creación do mundo de Iron Man e Iron Man é un heroe moi tecnolóxico, e cos Vingadores van-se introducir aspectos sobrenaturais coa presenza de Thor. A mestura dos dous funciona moi ben nos cómics pero vai levar moito tempo de pensar como facer as cousas e de que poidan estar xuntas de tal xeito que non estoupe a realidade que xa creamos“, engadiu.