Bioshock chega ao cinema

848

BioshockBioshock, ún dos videoxogos máis premiados do pasado ano, chegará ao cinema da man da Universal Studios, coa dirección de Gore Verbinski (Piratas do Caribe ou O home do tempo) e, se finalmente se chega a un acordo, guión de John Logan (Gladiator, O derradeiro samurái ou O aviador).

Bioshock mete ao xogador na pel dun supervivinte dun accidente de avión que chega a Rupture, unha misteriosa cidade submariña fundada coma unha sociedade ideal para un selecto grupo de científicos, artistas e industriais, pero que agora está poboada de cadáveres, poderosos e salvajes gardiáns e rapazas espeluznantes.

Verbinski realizará unha película séria cun ton adulto e que, segundo coida o mesmo director, recibirá unha clasificación para maiores de 17 anos, o que adoita reducir considerábelmente os ingresos no despacho de billetes.

Coido que esta história dunha utopía frustrada, que foi levada de xeito tan intelixente aos xogadores, ten un tremendo potencial cinematográfico“, asegurou Verbinski. “De todos os xogos que xoguei, este é no que sinto unha maior forza narrativa“, engadiu.

O cineasta dixo que se esforzará en manter a máxima fidelidade posíbel respecto ao xogo para non decepcionar aos seguidores.