Century, á pantalla grande

0
151

CenturyOs estudos The Gotham Group e Atlantyca Entertainment unirán as súas forzas para producir unha adaptación ao cinema da saga de libros de Pierdomenico Baccalario Century.

A série, composta por catro tomos, vai sobre os desafíos de catro adolescentes e as súas famílias mentres están á procura de catro antigos obxectos de poder cósmico conectados cadanseu co lume, a terra, o aire e mais o auga.

O novelista, un escritor italiano de 35 anos, é autor asemade doutras sagas fantásticas de éxito internacional coma a de Ulysses Moore. Century é unha saga fantástica composta por catro libros: L’anello di fuoco (2006), La stella di pietra (2007), La città del vento (2007) e La prima sorgente (2008).