Drácula revive grazas ao seu bisneto

0
189

A capa do libroO sangue do mesmísimo Bram Stoker, autor da novela clásica de terror Drácula, corre polas veas de Dacre Stoker, quen ademáis de afirmar ser o bisneto do escritor irlandés, ven de presentar unha secuela do libro orixinal que pretende revivir o mito do vampiro.

Dracula: The Un-Dead, unha novela de máis de 500 páxinas, é o froito da colaboración de seis anos entre o canadiano Dacre Stoker e do neoiorquino Ian Holt, un guionista namorado dos vampiros.

Cando a xente pensa en Drácula, pensan en Bela Lugosi“, dixo Holt, de 39 anos, mentres levaba posta unha camiseta coa fae do actor húngaro que se fixo famoso interpretando ao vampiro en Broadway e en Hollywood. “PeroDrácula non era ren diso. Era vello e xorobado, tiña pelo nas palmas das mans, e mal alento“.

Viña de saír da tumba, cheiraba coma un morto“, engadiu Stoker, de 51 anos e antigo mestre de escola. “Estamos a regresar aos persoaxes orixinais“.

Seica foi Holt, cuxa paixón polo tema dos vampiros naceu co filme de Francis Ford Coppola de 1992 Dracula, quen tivo a ideia de escribir unha secuela do clásico do século XIX. E na procura de ideias, entrevistou aos herdeiros do príncipe transilván Vlad III, percorrendo Europa e falando con estudosos. En 2003 contou a súa ideia á família de Stoker, quen perdeu xa os dereitos sobre a novela, porque ésta apareceu en 1897, e Dacre aceptou unírse-lle para escribir xuntos a obra.

A secuela está ambientada en 1912, 25 anos despois do remate da novela orixinal, cando unha série de asasinatos en Londres e París desata de novo o terror do príncipe da escuridade. E despois de análises coidadosos das notas deixadas por Stoker, quen era un director de teatro moi minucioso, decediron retomar a ún dos persoaxes orixinais, engadíndo-lle un detective de Scotland Yard e mais unha condesa vampira lesbiana.

E mais importante, Dacre Stoker tamén decidiu engadir ao seu antepasado á novela: “foi un incomprendido, misterioso, ninguén sabe realmente por que escribiu Drácula“, dixo o seu bisneto. “Morreu sen saber o grande éxito do seu persoaxe icona. A súa vida foi unha loita“.

Ainda que é moi cedo para falar dunha versión para o cinema, os dous autores recoñeceron que xa houbo contactos, e mesmo dixeron que se eles puideran escoller, pedirían que Johnny Depp fose Drácula e Catherine Zeta-Jones a vampiresa lesbiana.