Lanterna Verde fóra de Austrália

0
171

Lanterna VerdeAgora que mesmo o habitualmente débil dólar australián está xa case achegándo-se á paridade có dólar americano, a Warner Bros. Pictures ven de retirar oficialmente os seus plans de rodar Lanterna Verde nos estudos da Fox en Sydney.

Os estudos afirman que a culpábel ven sendo “a actual situación de crise económica mundial, inclíndo as fluctuacións nos valores das divisas e os custes no estranxeiro. Asemade tivemos que retirar proxectos de rodaxe noutros países. Após de traballar estreitamente cos nosos parceiros da NSW Film e da Television Office (Screen NSW) e examinar cada posíbel escenário, decidimos mudar a produción de Lanterna Verde“.

A produción agora terá que ir a un país onde os custes sexan mesmo mais baratos ca en Austrália. Para elo xa se está a contemplar a posibilidade de levar a rodaxe a Canadá ou mesmo a México se as cousas se poñen moi mal, xa que o comezo da filmación está prevista para o ano que ven, con Ryan Reynolds de protagonista deste filme de superheroes e Martin Campbell (Casino Royale) na dirección.

Por outra banda, están a medrar os rumores na Internet verbo da posibilidade de que Jackie Earle Haley interprete ao maléfico supervilán Sinestro neste filme. E outro rumor afirma que podería haber un cameo do mesmísimo Superman, semellante ao que houbo entre Hulk e Iron Man no universo do cinema Marvel.