Chris Messina (Julie & Julia, Vicky Cristina Barcelona) será o protagonista do vindeiro thriller de terror Devil que producirá a Universal Pictures. Estará acompañado de Logan Marshall-Green, Jenny O’Hara, Jacob Vargas, Matt Craven, Bojana Novakovic, Bokeem Woodbine, Geoffrey Arend e Caroline Dhavernas coma os outros membros do reparto.
Baseado nun relato de M. Night Shyamalan, Messina interpretaría a un detective de homicídios ex-alcoólico. O filme seica vai sobre un grupo de xente que fica atrapada nun ascensor, e ún deles é o demo que dá título ao filme. O resto dos detalles do argumento están aínda no segredo, coma adoita acontecer cando Shyamalan anda próximo á produción. O guión neste caso é de Brian Nelson (30 días de escuridade).
Shyamalan, Drew Dowdle e Trish Hogmann serán os produtores, mentres que o director de Quarantine, John Erick Dowdle, será o realizador. A rodaxe escomezará en Toronto a partie do vindeiro luns 26 de outubro e durará até o 16 de decembro.