Escuadrón de Monstros

0
158

Monster SquadMike Mitchell (Schrek 4, Surviving Christmas) será o director da comédia de acción sobrenatural Monster Squad que producirán os estudos Warner Bros. Pictures.

Mália o seu título, este filme non é un remake nin ten ren que ver co homónimo clásico de familiar de 1987 senón que se trata do novo nome que adoptará un guión de Brian Lynch que escribiu no ano 200 e que daquela titulába-se Nightcrawlers.

Brad Copeland (Yogi Bear) é o autor da versión máis recente do guión, que vai sobre un pai neurótico que debe enfrontar-se a unha persoa que o atormentaba cando era un neno e así ceibar-se dun medo que leva metido no corpo ao longo de toda a súa vida, o medo á escuridade e aos monstros que a habitan e que queren caza-lo.

A rodaxe escomezará este mesmo verán, coa produción de Chris Bender, J.C. Spink, Jonathan Shestack e Donald De Line.