Derrickson e os vivos

0
178

Scott DerricksonSe até agora quen nos daban medo nos filmes de terror eran os mortos, seica o turno chéga-lle tamén aos vivos, a xulgar polo título do novo filme que Scott Derrickson (Ultimato á Terra, O Exorcismo de Emily Rose) dirixirá para a Lakeshore Entertainment, The Living.

O filme, un thriller de suspense sobrenatural baseado nun guión orixinal de Derrickson e de Paul Harris Boardman, conta cun argumento do que polo de agora non se coñece ningún detalle.

Paul Harris Boardman, Tom Rosenberg e Gary Lucchesi serán os produtores.