Dennis Quaid en Pandorum

878

Dennis QuaidA Constantin Film e mais a Impact Pictures veñen de anunciar que están en negociacións con Dennis Quaid e Ben Foster para que protagonicen Pandorum, un thriller de ciéncia-ficción ambientado a bordo dunha nave espacial abandoada. Overture Films será a encargada de distribuir o filme en Norteamérica.

Travis Milloy escribiu o guión para Pandorum, que foi descrito coma unha história escura e claustrofóbica sobre dous membros da tripulación que espertan a bordo da súa nave espacial, descoñecendo a súa misión e as súas identidades. Mentres van xuntando as pezas do crebacabezas, fan un terríbel descobremento que ameaza á humanidade. A filmación escomezará en Berlín no mes de agosto.

Pandorum estará financiada pola Constantin Film en asociación coa Impact Pictures, unha filial da mesma Constantin Film. A Summit Entertainment será a encargada de negociar a distribución en Europa e tentará escomezar as vendas xa mesmo, no vindeiro festival de cinema de Cannes.

Paul W.S. Anderson e Jeremy Bolt, da Impact Pictures, serán os produtores, xunto a Robert Kulzer da Constantin Film. Dave Morrison será o produtor executivo.