Rahim marcha a Británia

0
200

A capa do libroTahar Rahim (A Prophet) ven de se unir ao reparto do filme de aventuras épico ambientado na Roma imperial The Eagle of the Ninth que producirán os estudos Focus Features en conxunción coa Film4.

Jeremy Brock escribiu a adaptación da novela de Rosemary Sutcliff, ambientada no perigoso mundo da Británia romana do século II. No ano 140 da nosa era, vinte anos despois da misteriosa desaparición da Novena Lexión ao completo nas montañas de Escócia, o novo centurión Marcus Aquila (Channing Tatum) chega dende Roma para resolver este caso e devolver a reputación de seu pai, o xefe da lexión desaparecida.

Acompañado só polo seu escravo britón Esca (Jamie Bell), Marcus cruza o muro de Hadriano para penetrar nas descoñecidas rexións de Caledónia e enfrontar-se ás tribos de salvaxes, facer as paces coa memória de seu pai e recuperar o emblema perdido da Novena Lexión, o Águia da Novena.

Donald Sutherland interpretará ao tío de Marcus, Aquila, quen vive retirado en Británia; Mark Strong será Guern, un ex-soldado que posúe unha onformación de vital importáncia para a Lexión, e Rahim será o escocés líder dunha temida banda de guerreiros gaélicos que persegue a Marcus e a Esca a través das Terras Altas.

Kevin Macdonald (State of Play, The Last King of Scotland) é o director e Duncan Kenworthy o produtor.

O proxecto rematou xa unha primeira fase de rodaxe e agora atópa-se en Hungría, onde ficará a equipa até o mes que ven.