Guionista para Airman

0
135

AirmanAnn Peacock (As Crónicas de Nárnia: O León, a Meiga e o Armário) escribirá o guión do filme de aventuras e fantasía Airman para a Disney Pictures e mais a ImageMovers. Airman conta cun orzamento de 150 millóns de dólares (uns 100 millóns de euros) e rodará-se con tecnoloxía de captura de imaxes.

Baseada no libro de Eoin Colfer (a autora da saga de Artemis Fowl), a história vai sobre Conor Broekhart, de quen contan as lendas que naceu nun globo. Na década de 1890 Conor e mais a súa família viven nas Saltee Islands, unhas illas propriedade da coroa inglesa preto da costa de Irlanda. Conor pasa o tempo estudando a ciéncia do vóo co seu titor e explorando o castelo coa filla do rei, a Princesa Isabella.

Pero a idílica vida do rapaz mudará para sempre o día que descubre unha conspiración contra o rei. Cando Conor tenta expoñer o complot, é considerado un traidor e condeado pasar o resto da vida traballando nunha mina de diamantes en condicións inhumáns. O único xeito de fuxir será voando, e cando o consigue dous anos despois, deberá decidir se vingar-se dos que o abandoaron ou loitar contra o complot real.

Gil Kenan é o director desta adaptación, mentres que Robert Zemeckis, Jack Rapke e Steve Starkey serán os produtores.