Superheroe invisíbel

0
175

Ryan KwantenO guapeiras australiano e protagonista da série True Blood (Sangue Fresco en España) Ryan Kwanten vai regresar a casa para filmar a comédia romántica de superheroes Griff the Invisible para a Transmission Films.

O conto vai sobre un superheroe que traballa de día nunha oficina e cuxo mundo é posto ao revés cando atope unha guapa científica que se namora del.

Maeve Dermody, Patrick Brammall e Toby Schmitz tamén formarán parte do reparto. Leon Ford fará o seu debut como director neste proxecto que ten planeada a súa estrea para finais do ano que ven.