Reparto vampírico

0
210

30 Days of DarkRhys Coiro (da série de televisión Entourage), Harold Perrineau (de Perdidos), Kiele Sanchez (A Perfect Getaway), Diora Baird (Texas Chainsaw Massacre: The Beginning), Mia Kirshner (The Black Dahlia) e Monique Ganderton serán os protagonistas da segunda parte do éxito de terror da Sony Pictures de 2007 30 Días de Escuridade, e que levará por título 30 Days of Night: Dark Days.

Esta secuela non será estreada nos cinemas dos Estados Unidos senón que irá directa ao mercado de aluguer de DVD. O filme adaptará a novela gráfica de Steve Niles na que unha desesperada e solitária Stella Oleson (a protagonista da primeira parte) decide unir-se a un grupo de duros cazadores de vampiros para procurar vinganza contra Lilith, a poderosa vampira responsábel do ataque á súa vila en Alaska e no que todos os cidadáns resultaron mortos.

Ben Ketai dirixe o proxecto, que comezará a se filmar esta semana.