Presentación do libro A Capela Branca

0
238

A capa do libroEste venres 23 no Hotel Hesperia de Vigo (Avenida da Florida, 60) a partir das 20:00 horas terá lugar a presentación do libro La capilla blanca (A capela branca), unha novela de xénero fantástico escrita pola autora Isabel Llor e publicada en español por Ediciones Atlantis.

A novela xira ao redor dos Mestres Cabaleiros que descenden dos ceos cada dez anos para seleccionar a uns poucos elixidos, adicados aos valores máis nobres e á protección de cantos o precisen. De entre eses aspirantes, un está destiñado ao máis alto. Iván de Bretaña percorrerá o camiño dunha viaxe iniciática, alén do mundo visíbel, e voltará con moito máis ca un coñecemento íntimo e profundo de canto compón a realidade. Co tempo, o seu cometido de guerreiro, ser o primeiro para que os que veñan atrás o teñan máis doado, extenderá-se até formar un proxecto fabuloso de proporcións nunca vistas.

Isabel Llor Cerdán é unha escritora viguesa adicada profesionalmente ao ensino e é profesora no Conservatório de Vigo. Esta é a súa primeira novela en español, xa que é autora de dous libros en galego para nenos: Contos da Cidade de Cristal e Contos de vellos tempos.