Shane West en Dous Lobos

0
199

Shane WestShane West (A Liga dos Cabaleiros Extraordinários) é a última incorporación ao reparto do filme de lobishomes Two Wolves (Dous Lobos) que realizará a Remember Dreaming Productions.

A história narra as aventuras dun adestrador de cans para cegos que é desfigurado nun coléxio aillado. Sen poder relembrar o que fixo nas últimas doce horas, convérte-se no máximo sospeitoso dunha cadea de asasinatos que semellan producidos por un lobo e deberá fuxir dunha incansábel detective da policía que lle segue as pegadas, todo elo sen saber realmente se é ou non o culpábel.

Alex Wright dirixirá este filme a partir dun guión de Chris Freeman, quen xunto a Stan Spry é o produtor. Wright está tamén vencellado ao remake do clásico do terror dos anos 80 que protagonizara Jamie Lee Curtis Terror Train.