David Duchovny quere máis Expedientes X

0
180

O actor David Duchovny, o popular axente Mulder da série de televisión Expediente X, ven de revelar que mália o fracaso de crítica e despacho de billetes que supuxo o filme do verán pasado The X-Files: I Want to Believe, espera que se faga unha terceira parte da franquía e que regrese por todo o alto. “No tocante ao filme de Expediente X, gostaría-me face-lo de seguido, e se dependese de min, sería un regreso ao corazón, ao alma da súa mitoloxía, que é a conspiración sobre os extra-terrestres. Coido que é normal para Expediente X facer outro filme en 2012, así que xa veremos se conseguimos face-lo“.