Guión para Ghost in the Shell

582

Ghost in the ShellLaeta Kalogridis (Shutter Island, Alexandre Magno) escribirá o guión da adaptación en 3D e con actores reais do clásico do anime xaponés Ghost in the Shell para a produtora DreamWorks Pictures.

Ghost in the Shell (Kōkaku Kidōtai) é unha franquía multimédia xaponesa composta por un manga, unha série de anime, longametraxes, videoxogos e novelas, todo elo centrado nas actividades dunha organización antiterrorista chamada Sección Policial de Seguridade Pública 9, nun Xapón futurista e cyberpunk.

A primeira aparición foi o manga de Shirow Masamune Ghost in the Shell, publicado en 1989 na revista Young Magazine. A ela seguíu-lle unha edición especial en 1991, unha secuela, Ghost in the Shell 2: Man/Machine Interface, en 2002; e un manga serializado, Ghost in the Shell 1.5: Human-Error Processor, en 2003.

A série de manga foi adaptada a tres longametraxes de debuxos animados (anime): Ghost in the Shell, Ghost in the Shell 2: Innocence, e Ghost in the Shell: Stand Alone Complex Solid State Society; dous séries de televisión: Ghost in the Shell: Stand Alone Complex e Ghost in the Shell: Stand Alone Complex 2nd GIG; e tres videoxogos.

Avi Arad, Ari Arad e Steven Paul serán os produtores deste filme, que será o primeiro no que os actores sexan de carne e óso. Jamie Moss escribira o esbozo de guión prévio ao que agora se vai realizar.