Guillermo del Toro, que está a producir a adaptación cinematográfica do cómic de Neil Gaiman Death: The High Cost of Living, relevou que coida que o mesmo Gaiman é a elección axeitada para dirixir o filme, mesmo ainda que el nunca dirixira unha longametraxe antes.
“Coido que se alguén coñece a ese persoaxe, é el“, dixo del Toro nunha entrevista no plató de rodaxe do seu actual proxecto, Hellboy II: The Golden Army, en Budapest. “E daquela, se precisamos crear unha infraestrutura de apoio, farémolo. Quero dicir, que non hai ninguén máis cualificado para contar esa história que Gaiman, na miña opinión“.
O persoaxe da Morte, encarnado por unha muller nova de fasquía gótica e algo insolente, apareceu por primeira vez na clásica série de Gaiman Sandman. Na minisérie de tres números Death: The High Cost of Living (“Morte: o alto custe da vida”), ela adopta forma humana a fin de entender millor á humanidade, un ritual que repite unha vez cada século. Durante ese tempo, fai-se amiga dun suicida adolescente e lle aprende o valor da vida.
A única vez que Gaiman dirixiu no cinema foi en A Short Film About John Bolton, un curto que é unha hisoria fictícia tratada coma se fose un documental sério. A princípios deste ano, Gaiman visitoi o plató de Hellboy II para aprender de del Toro e observalo mentres traballa. “Falamos a eito“, dixo del Toro. “Dixemos que tiña que se poñer a dirixir tan axiña coma fose posíbel“.
Del Toro expresou a súa confianza na visión de Gaiman tanto coma guionista coma director. “Coido que Neil é un tío que pensa en termos de ideias e imaxes moi concretas“, dixo. “Non é un artista no senso de que non é un debuxante de bocetos, senón que é o creador dun universo… Coido que hai unha grande aventaxe en non saber como se fan as cousas. A xente vai e simplesmente fai que acontezan, porque non sabían que era imposíbel… Prefiro os erros de primeirizo que os erros que se cometen por décima vez. Coido que eses tíos van ter cousas por primeira vez que ninguén máis vai facer. Así que con sorte acontecerán“.