O director de V for Vendetta, o australiano James McTeigue, será o encargado de realizar o vindeiro thriller de ciéncia-ficción Revelation para a produtora Inferno, sobre un guión escrito por John Salvati.
A história vai sobre unha xornalista encargada de investigar unha série de extraños asasinatos e descubre que as vítimas estaban todas elas ameazadas polo xefe dunha organización que investiga abducións extra-terrestres.
O filme será producido por Bill Johnson, da Inferno, en colabouración con Dave Alpert e Lawrence Mattis de Circle of Confusion. Jim Seibel, da Inferno, será o produtor executivo xunto a Dave Engel.
McTeigue está agora mesmo dirixindo para a Warner Brothers o filme Ninja Assassin, baixo a produción dos irmáns Wachowski.