A Dreamworks Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre Wicked, unha série de cinco novelas para adolescentes orixinal de Nancy Holder e Debbie Viguie.
A história vai sobre unha rapaza que descubre que é a descendente dun poderoso aquelarre de bruxas, pero axiña terá problemas ao ficar namorada dun rapaz que resulta ser membro dun aquelarre rival.
Os irmáns Aaron e Matthew Benay serán quen escriban o guión desta adaptación, cuxo derradeiro tomo da saga aínda chegou ás librarías este mesmo verán.