Hopkins será Odín

0
189

Anthony HopkinsAnthony Hopkins interpretará ao deus nórdico Odín no filme Thor que desenvolverá a Paramount Pictures adaptando ao popular superheroe da Marvel Comics ás pantallas de cinema.

A história ten como protagonista ao poderoso pero fachendoso deus guerreiro Thor (Chris Hemsworth) cuxas incasábeis accións en prol do Ben fan que reescomece unha esquecida loita entre os deuses. Como castigo, Thor é enviado á Terra e obrigado a vivir entre os seres humáns.

Unha vez alí, terá que aprender o que supón ser un auténtico heror, cando o seu pior inimigo no mundo dos deuses, o seu irmán Loki (Tom Hiddleston), apareza entre os humáns comandando aos sinistros exércitos de Asgard para invadir a Terra.

Natalie Portman tamén é a protagonista deste filme que dirixe Kenneth Branagh sobre un guión de Mark Protosevich e Zack Stentz.

A rodaxe escomezará en xaneiro de 2010 coa vista posta nunha entrea nalgún intre ao longo de 2011.