Cohen nos Homes de Negro

0
205

Men in BlackEtan Cohen (Tropic Thunder) é a última fichaxe da Sony Pictures para que se encargue de escribir o guión da terceira entrega da franquía de Os Homes de Negro.

Polo de agora é o único contratado en firme, xa que non se sabe se o director das dúas anteriores partes, Barry Sonnenfeld, ou os seus aclamados protagonistas, Will Smith e Tommy Lee Jones, regresarán para a nova entrega.

Os estudos, nombergantes, teñen toda a intención de lle meter présa ao proxecto, xa que queren que se comece a rodaxe en 2010.