Mike Medavoy e mais a FremantleMedia Enterprises veñen de unir as súas forzas para lanzar conxuntamente Dinosaurs Resurrected, unha nova franquía multiplataforma.
As várias producións que xurdirán deste proxecto incluirán unha série para televisión, unha longametraxe en 3D para os cinemas, libros, DVD, merchandising, videoxogos e mesmo eventos en directo con actores reais, todo elo preparado para escomezar a se producir a partir de 2011 e misturando os úyltimos grandes descobrementos dos paleontólogos sobre os dinosauros coa animación en 3D por computador mais avanzada.
Os efectos especiais serán encargados á empresa inglesa Zoo, que xa traballou en producións coma Egypt Unwrapped e Predator X.