O produtor Stephen L’Heureux ven de revelar nunha recente entrevista que hai unha secuela de Sin City que axiña entrará en fase de produción, concretamente para a segunda metade do ano que ven.
A secuela estará baseada nun guión orixinal de Frank Miller, quen ademáis será o director da mesma xunto a Robert Rodriguez.
Miller está asemade vencellado á dirección e ao guión de Hard Boiled, outra longametraxe que coma Sin City está baseada nun cómic da súa autoría, neste caso protagonizado por un detective privado empregado dunha emrpesa de seguros e que se converte nun cyborg asasino.