Scott fala de Alien

0
165

AlienNunha moi recente entrevista na que se lle preguntou sobre a precuela do seu filme de 1979 Alien, o director Ridley Scott ven de revelar á prensa que as cousas están a progresar.

É todo moi novo e emocionante. Sabemos cal é o camiño a seguir, e o guión está agora mesmo a chegar ao papel. A precuela será dentro de pouco. É moi difícil poñer un ano a Alien, pero por exemplo, se [os acontecementos de] Alien fosen cara finais deste século, a historia da precuela tería lugar uns trinta anos antes“, revelou Scott aos xornalistas.