Guionistas da Ouija

0
196

OuijaEdward Kitsis e Adam Horowitz (Tron: Legacy) son os elixidos pola Universal Pictures e mais a Platinum Dunes para escribir o guión que adaptará nada menos que un xogo de taboleiro, a popular Ouija, á pantalla grande.

Os detalles da história que haberá atrás deste filme, que sen dúbida terá moito de sobrenatural e afirman que tamén de acción e aventura, aínda fican no segredo lóxico tratándo-se das palabras dos mortos, pero sen dúbida que se incorporarán algunhas das principais regras do xogo, coma o de que nunca debe usar-se só, nin preto dunha tumba, etc. O xogo, creado e patentado pola empresa Hasbro en 1966, leva vendidas moitos millóns de unidades en todo o mundo, e xa é tan famoso que mesmo non falla quen afirma que non é un xoguete senón que verdadeiramente é unha porta dimensional a outros mundos.

Michael Bay, Brad Fuller e Andrew Form serán os produtores.