Williamson fala de Scream

0
236

screamO guionista Kevin Williamson ven de revelar á prensa que está moi ocupado rematando o libreto para a cuarta entrega da saga de Scream e mesmo que xa hai unha quinta na recámara, preparada para escomezar a escribir-se e que de novo el será o encargado.

A cuarta é un conxunto. Ten lugar arestora, dez anos despois e estará ambientada en Woodsboro [a vila natal de Sidney Prescott]. Teremos os nosos tres principais persoaxes e introduciremos uns cantos mais“, dixo Williamson, quen engadiu que eses “cantos mais” serán as estrelas da nova triloxía: “Imos presentar tamén a un pequeno grupo, un pequeno conxunto de novos actores. Iso levará-nos polas outras novas tres películas“.

Os protagonistas Neve Campbell, Courteney Cox e David Arquette están todos dispostos para regresar e o mestre desta saga, Wes Craven, xa expresou o seu interese na mesma, se ben ainda non se comprometeu a nada.