Robopocalypse na Dreamworks

0
170

Daniel H. WilsonOs estudos DreamWorks veñen de se facer cos dereitos cinematográficos sobre un manuscrito ainda por publicar de Daniel H. Wilson titulado Robopocalypse.

O conto cautelar explora o destino da raza humana após de que xurda unha revolución liderada polos robots. Wilson (nacido en 1978), que posúe un doutorado en robótica, quixo que o seu relato tivese a máxima autenticidade posíbel derivando os acontecementos a partir da tecnoloxía real dos robots.

A Dreamworks vai poñer este proxecto na vía rápida para desenvolve-lo canto antes. Wilson tamén é o autor do guión de 2005 How to Survive a Robot Uprising e mais do do filme do ano que ven Bro-Jitsu, que produciron respectivamente a Paramount e mais a Nickelodeon.