Filme de Guy de Maupassant

0
192

Guy de MaupassantNicole Kidman ven de se unir ao reparto dun filme que en si mesmo non ten moito de fantástico, pero que é a biografía dun dos autores de xénero clásicos máis importantes de todos os tempos, o francés Guy de Maupassant. O filme levará por título Bel Ami e será producido pola Protagonist Films.

O actor de Twilight Robert Pattinson interpretará ao escritor francés do século XIX, un home novo que foi facéndo-se camiño escandalósamente até a alta sociedade de París nos anos 1890 grazas á amizade con algunhas das mais influintes damas da sociedade. Kidman interpretará probabelmente a unha desas mulleres.

Alén de novelas e pezas de teatro, Maupassant escribiu 300 contos, sendo todos obras de grande valor. Destacan, entre os mais famosos, Bel Ami, Mademoiselle Fifi e Bola de sebo. Os seus contos fantásticos coma A Pensión Tellier e O Horla (traducido ao galego por primeira vez por NOVA FANTASIA) poden ser considerados os seus contos mais sinificativos. Maupassant finou no manicómio aos 39 anos após dunha tentativa de suicídio por perturbacións causadas pola sífile que o atormentou por mais dunha década.

Os directores teatrais ingleses Declan Donnellan e Nick Ormerod (Cheek) serán os encargadosde realizar o proxecto a partir dun guión escrito por Rachel Bennette. A rodaxe dará comezo en Londres e Budapest en febreiro do ano que ven.