Os videoxogos volven amosar unha vez mais o seu potencial non só como meio de entretemento en si mesmos, se non como ferramentas de publicidade e promoción para outras producións. Os cronocrímes, a primeira e laureada longametraxe de Nacho Vigalondo, trascende a grande pantalla antes da sua estrea e converte-se nun elaborado xogo interactivo multimédia.
Os cronocrímes, o xogo está deseñado en Flash. Para comezar, os usuários deben introducir o seu nome e un contrasinal, ficando rexistados na base de dados. Unha vez feito isto, a Web toma a fasquía do blog dun personaxe creado para este xogo: Marta, unha rapaza que case sen se decatar se verá envolta nunha investigación que a adianta.
O xogo ten memória, co que unha vez o usuário introduza o seu nome e sinal, todos os seus progresos ficarán rexistados. Asi poderá identificar-se tamén aos primeiros xogadores que superen as probas semanais e obteñan os prémios correspondentes.
Desde o ponto de vista do usuário, o xogo ten duas zonas principais: a própria web de Os cronocrimes, e a de Crystalia, a empresa fictícia na que traballou Marta. Ésta última, aparentemente, será unha Web corporativa normal, e nela, o xogador poderá sentir-se coma un hacker que debe averiguar contrasinais ou adentrar-se en seccións secretas para obter información confidencial. Información que lle será de soma utilidade á hora de conseguir regalos e aproximar-se ao prémio final: unha viaxe no tempo.
Esta iniciativo é orixinal en España pero lembra vivamente a outras emprendidas polas producións televisivas americanas de maior renome, coma Perdidos. Os seus guionistas crearan unha experiéncia virtual alternativa chamada The Lost Experience que tiña un prantexamento semellante ao de Os Cronocrimes.