Os Gardiáns da DreamWorks

0
154

Os Gardians dos nenosA DreamWorks Animation ven de elixir a David Lindsay-Abaire para que adapte The Guardians of the Childhood, a vindeira série de libros para nenos de William Joyce, nunha longametraxe para o cinema.

Lindsay-Abaire escribiu as letras e mais a música do espectáculo da DreamWorks Shrek the Musical e anteriormente xa traballara como guionista na longametraxe de debuxos animados Robots. Entre os seus créditos en filmes con actores reais está a adaptación da súa obra de teatro gañadora do prémio Pulitzer Rabbit Hole, que aparecerá o ano que ven, e ademais foi o coautor do guión de Spiderman 4.

The Guardians vai sobre unha equipa composta por Santa Claus, Jack Frost, o coelliño de Páscoa e mais o Home na Lúa, adicados todos eles a protexer aos nenos do mal.

O filme, que xa conta con data de estrea fixada para o 2 de novembro de 2012, será dirixido por Peter Ramsay e co-dirixido polo mesmo Joyce. Ramsey foi o realizador do especial de Halloween Monsters vs. Aliens e foi o xefe de argumento na longametraxe Monsters vs. Aliens.