Yuzna en Amphibious 3D

0
182

Amphibious 3DBrian Yuzna regresa á cadeira de director cunha nova fita de monstros en 3D. O filme levará por título Amphibious 3D e irá sobre o que acontece cando un grupo de investigación mariña chega á illa de Sumatra e atopa alí o que semella ser unha creatura prehistórica sobrenatural.

A sinopse do argumento é a seguinte: a bióloga mariña Skylar Shane (Fassaert) aluga os servizos dun capitán dun barco americano expatriado (Paré) para lle axudar a atopar formas de vida prehistóricas no norde do mar de Sumatra. Durante a expedición, ficarán atrapados por uns “amigos” do capitán, un grupo de contrabandistas que teñen a súa base nunha plataforma de pesca no médio do mar. Tamal, un orfo vendido coma escravo polo seu tío, un “Dukun” (feiticeiro e mestre de máxia negra), pide a Skylar que o leve con el. Ela simpatiza co rapaz, que lle recorda á súa irmá perdida Rebecca, e está disposta a axuda-lo. Pero dende que o neno fica a bordo, escomezarán a acontecer cousas misteriosas, e ún dos contrabandistas morre devorado pola creatura mariña.

Michael Paré, Janna Fassaert e Francis Magee serán os protagonistas deste filme que se rodará en 3D estereoscópico e estara dispñíbel tamén en formato 3D na súa edición en DVD caseiro.