Chega o Home Máquina

0
174

O cómic Machine ManA Mandalay Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema da última novela online de Max Barry, o thriller Machine Man.

A história vai sobre un enxeñeiro de tecnoloxía que está canso de pasar pola vida con normalidade e sen poder-se facer ver, así que decide reemprazar partes do seu corpo con pezas de titánio deseñadas por el mesmo. Pero axiña descubrirá que el non é o único que ten plans para o seu novo corpo.

Barry leva polo de agora revelando unha páxina ao día da súa novela no seu sítio Web oficial, nun “experimento literário interactivo” que incorporará no argumento as suxestións que fagan os leitores a medida que se vaia desenvolvendo a história.

Cando estea completa, o libro poderá mercar-se en tapa dura grazas á editorial Vantage Books en 2011.