Secuela de 2012 na TV

902

2012O director Roland Emmerich ven de revelar interesantes novidades sobre unha nova série de televisión que está xa en desenvolvemento e que será unha secuela do seu novo filme de grande orzamento, a película épica de acción apocalíptica 2012 que se estreará o venres.

Mark Gordon (2012, Reaper, 10000 BC) será o produtor executivo e xa está en contactos coa canle ABC para que realice e posteriormente emita este drama de desastres.

(Atención: spoilers importantes!) O filme 2012 trata sobre un aliñamento planetário que causa unha intensa reacción solar na Terra, que comeza a ferver por dentro e ocasiona que os continentes comecen a se desfacer, creando volcáns, desprazamento masivo de placas tectónicas e mega-tsunamis que destrúen o planeta tal e coma o coñecemos. Finalmente sobreviven uns poucos a bordo de barcos que se dirixen ao único continente que resistiu, África.

Emmerich dixo que o seu plan para a série de televisión é que a humanidade está xa en 2013 e ten que recomezar a poboar o planeta. “É moi, moi fascinante. A série enfocará-se nun grupo de persoas que sobreviviron pero non nos barcos… se cadra estaban nun anaco de terra que se separou e se converteu nunha illa no proceso de destrución da Terra“.

Gordon engadiu que “hai algunhas persoas que sobreviven e a pregunta é como farán eses supervivintes para construir un novo mundo e como será“.