Eduardo Sánchez, ún dos co-directores responsábeis do filme de 1999 O Proxecto da Bruxa de Blair, ven de revelar á prensa que está a considerar a creación dunha secuela, na que esencialmente se ignorarían os acontecementos relatados na anterior entrega da saga, a precuela destruída pola crítica e o público Blair Witch 2: Book of Shadows. Nesta ocasión, o novo filme retomaría a acción onde o deixou o primeiro e orixinal.
Sánchez e mais o outro co-creador, Daniel Myrick, veñen de rematar un guión no que participarían os membros do reparto orixinal Heather Donahue, Joshua Leonard e Michael C. Williams en pequenos papéis.
A produtora Lionsgate é a propietária dos dereitos sobre esta película e a parella de realizadores planean entregar-lle a eles o guión, polo que de non contar coa súa aprobación, o filme non se podería levar a cabo.