Bradley Cooper (The Hangover, Alias) será o protagonista do vindeiro thriller The Dark Fields que producirán a Relativity Media e mais a Rogue Pictures.
Baseado nun libro de Alan Glynn, a história vai sobre un escritor fracasado (Cooper) en cuxas mans cae unha droga farmacolóxica que lle convirte nunha persoa mais intelixente. De súpeto experimentará un grande éxito pero axiña descubre que a droga ten asemade efectos mortais e outros colaterais que son duradeiros. Por se fora pouco, hai uns misteriosos inimigos que lle perseguen.
Para este papel, Cooper sustitúe a Shia LaBeouf, quen ía ser o protagonista nun primeiro intre.
Neil Burger dirixirá sobre un guión orixinal de Leslie Dixon (The Thomas Crown Affair).