Timberlake e o oso Yogi

0
173

YogiJustin Timberlake, Anna Faris e Dan Aykroyd serán os protagonistas da anunciada longametraxe do óso Yogi para a Warner Bros. Pictures says.

Baseada na clásica série de debuxos animados da Hanna-Barbera, Faris será unha cineasta que está a rodar un documental sobre a natureza, para o que se dispón a seguir as andainas dun oso no parque de Jellystone.

Aykroyd porá-lle a voz a Yogi, mentres que Timberlake será posíbelmente o encarregado de lle prestar a súa voz a Bubú, o pequeno compañeiro de Yogi. O proxecto misturará actores reais con persoaxes xerados por computador do mesmo xeito que se fixera en filmes anteriores coma Alvin e os Esquíos ou Garfield.

Eric Brevig dirixirá un guión pulido por Brad Copeland, mentres que Donald De Line e Karen Rosenfelt serán os produtores. A rodaxe dará comezo en Nova Celándia en decembro.