A Pataky será a moza do Capitán Trueno

0
192

Elsa PatakyXa está decidido, Elsa Pataky será Sigrid, a noiva do Capitán Trueno. As aventuras deste heroe de cómic comezarán a se rodar o ano próximo, ainda que non está prevista a súa estrea na grande pantalla até dentro de dous anos. O seu director, Pau Vergara, desvelou onte que o papel da protagonista feminina é para Pataky. “Pode-se dicir que a sua elección foi por aclamación. Todas as persoas que están implicadas no proxecto apoiaron a súa candidatura. Ela é quen dá mellor o perfil do personaxe“.

Vergara afronta un proxecto cobizoso baseado nun dos tebeos mais famosos de España, que comezou a se publicar en 1956 até 1968. O Capitán Trueno é un cabaleiro español da Idade Meia durante a Terceira Cruzada. Xunto a Goliath e Crispín, e en ocasións tamén con Sigrid, a sua noiva e raíña da illa de Thule, adíca-se a percorrer o mundo. O filme conta co apoio da Disney, que a semana pasada asinou un contrato polo cal se fará cargo da sua distribución tanto en España coma nos Estados Unidos.

Pataky xa participou noutro filme baseado nun cómic de grande éxito. Foi en Astérix nos Xogos Olímpicos, unha coprodución alemana, española, francesa e italiana, de Frédéric Forestier e Thomas Langma. Nela, a actriz aparecia xunto a Gérard Depardieu, Alain Delon e Clovis Cornillac.